BUSCAUTORES

logo

Buscautores de la asociación de autores de teatro

Rubén Ruibal


Ribadeo, 1970Rubén Ruibal traballou como actor, axudante de dirección e director nas compañías Teatro do Aquí, Teatro Cachuzo e Centro Dramático Galego entre os anos 1994 e 2004. Recibiu por “Limpeza de Sangue”, a primeira peza que publicou, o Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura no ano 2007. O libro fora editado por Xerais logo de gañar o Premio Álvaro Cunqueiro no ano 2005.Con “”Peter Buckley, un firme traballador da derrota”, escrito xunto con César Candelas, recibiu o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no ano 2008. A peza foi, tamén, publicada por Xerais.Os seus últimos textos, “Estigma” (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), “Delimvois”, “¿Onde andas, Karl?” e “Cambios de destino” foron estreados polo Centro Dramático Galego, A Oficina de Guimarâes, A Escola de Teatro de Narón e Teatro En Punto. Delimvois recibiu da Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG) o galar